3.2.15

Os meses do ano

Xa ven xaneiro, o mes primeiro,
detrás febreiro, o máis pequeneiro,
con marzo a primavera xermola
e en abril a chuvia molla.

Por maio floreceu a xesta,
por xuño san Xoán abraia,
en xullo xa aperta o sol
e en agosto xogamos na praia.

Setembro, como saben as uvas!,
en outubro a folla a caer está,
en novembro san Martiño asoma,
e en decembro volta a empezar.

Santiago Freire."Mantingadas" Edicións Morgante.2010.

20.1.15

OS MAGOS DE OCCIDENTE


Os magos de Occidente
(non de Oriente)
Non eran tres,
eran catro.

O Mago Lixo
O Mago Frangullas
O Mago Pupas
E Mago Dano.

Os Magos de Occidente
eran soldados,
percorrían  Europa
 con carros blindados.

Balas e granadas (por todos os lados).
Vaia xuventude que nos tocou!
 Déronnos granada, non o froito, 
a bomba de man.

Loita en cataclismo
(Magos de Oriente
 para defenderse
 facían o mesmo).

O Mago Lixo
Quedou feito un lixo.
O Mago Frangullas quedou feito frangullas.
O Mago pupa quedou feito pupa.

E o Mago Dano
(en cadeira de rodas un ano).

Cando volveron da guerra mordaz,
foron a apuntarse ao Clubde Paz.

GLORIA FUERTES

A terra durmida



A terra dormida,
sentiu no seu seo
disparos de chumbo 
disparos de xeo.

Moreas de nenos,

Co seu agarimo,
Fixeron da guerra
Un mar de aloumiños.

E foron as nenas

deitando dozura
as que converteron
o medo en ternura.

A terra, durmida,

non quere espertar.
Está moi ferida
non pode xirar.

Meniñas,meniños

de tódalas cores
cubriron a terra
de beixos e flores.

A terra abre un ollo

e sente calor.
Escoita baixiño 
sonatas de amor.
E xira que xira
coitada ,a modiño,
rapazas,rapaces,
co voso cariño.

Antonio García Teijeiro

"Construir a Paz".Seminario Galego Pola Paz.

19.2.14

NO MES DO AMOR, UN POEMA DE BICOS:



Un bico porque
                                                  si
Un bico porque
                    non
Un bico coma o
                    lume
Un bico cora-
                    zón
Un bico porque
                    re
Un bico porque
                    dó
Un bico porque
                    la
Un bico porque
                    sol
Un bico dó re
                    mi
Un bico acorde-
   ón
       Un bico dó si
                           fa
       Un bico percu-
                           sión
       Un bico porque
                   si
               Un bico, por que
                    non?

                         ( ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO )


6.2.14

O meu gato é un poeta


23.1.14

GATO DON HONORATO



POLAS RÚAS DE TULÚS


As imaxes e ilustracións de este blog teñen un carácter educativo. Si están suxeitas a dereitos de autor, facedenolo saber, para retiralas axiña.
Grazas